Inicio

Club Deportivo

BEADE

 

Nova tempada 2018 / 2019

Futbol sala

Estimado siareiro/a:

 

En nome do Club Deportivo Beade, agradecémoche o interese amosado polo noso Club ao visitar a páxina web oficial da entidade. A través deste portal, tratamos de que as persoas socias, así como aboadas, siareiras e simpatizantes de todo o mundo poidan coñecernos mellor e atopen aquí toda a información que desexen en torno ao noso club.

Internet é a principal vía de comunicación para chegar a calquera parte do mundo e, polo tanto, o mellor instrumento para dar a coñecer o importante crecemento que a entidade está experimentando nos últimos anos.

Por iso, o Club Deportivo Beade coa chegada das novas tecnoloxías, aposta por esta web coa intención de que os nosos equipos se vexan reflectidos nela e que serva como soporte de comunicación fundamental para todos as persoas seguidoras do C.D. Beade, independientemente da parte do mundo na que estean.

A todos as persoas que nos visitan, gracias por facelo, co desexo de que a información que obteñades vos sexa de utilidade.

Un agarimoso saúdo,

 

Jose Luis Martinez Leiros

 

Presidente

 

Patrocinadores

CDB - Club Deportivo Beade © 2013, all rigths reserved