Club Deportivo BEADE FUTBOL SALA

QUEN SOMOS?

      O Club Deportivo Beade naceu fai 18 anos coa vocación de apostar pola base e nesta filosofía mantense dende entón.  Xogamos e adestramos no pavillón do IES Beade. A promoción do fútbol sala entre as nenas, nenos e adolescentes da parroquia de Beade constitúe a base da súa labor, se ben é certo que, o crecemento foi tal nos últimos anos, que actualmente militan nas súas filas xogadoras e xogadores de diferentes barrios e parroquias de Vigo.


     Este traballo está capitaneado por unha Xunta Directiva que dedica moitas horas de xeito desinteresado a sacar este proxecto adiante, apoiados por un notable grupo de persoas colaboradoras que realizan tarefas, entre outras, de adestramento ou de mantemento e coidado das instalacións. Somos un club non profesional en todos os sentidos que se sustenta coa implicación das persoas e entidades da nosa parroquia, o apoio das familias dos xogadores e xogadoras, as subvencións das administracións públicas e as achegas de entidades privadas colaboradoras. 

A NOSA DIRECTIVA:

PRESIDENTE


Gabriel Rodriguez Abalde

VICEPRESIDENTA


Marta Suarez Lago

SECRETARIA


Sandra Vazquez López

TESOUREIRO


Alfonso Rial Martinez

VOGAIS


Jose Ricardo Estevez 


Jose Carlos Garcia 


Alfonso Vila 


Pablo Casaleiro