O Club Deportivo Beade naceu fai 17 anos coa vocación de apostar pola base e nesta filosofía mantense dende entón. Xogamos e adestramos no pavillón do IES Beade. A promoción do fútbol sala entre as nenas, nenos e adolescentes da parroquia de Beade constitúe a base da súa labor, se ben é certo que, o crecemento foi tal nos últimos anos, que actualmente militan nas súas filas xogadoras e xogadores de diferentes barrios e parroquias de Vigo.
Este traballo está capitaneado por unha Xunta Directiva que dedica moitas horas de xeito desinteresado a sacar este proxecto adiante, apoiados por un notable grupo de persoas colaboradoras que realizan tarefas, entre outras, de adestramento ou de mantemento e coidado das instalacións. Somos un club non profesional en todos os sentidos que se sustenta coa implicación das persoas e entidades da nosa parroquia, o apoio das familias dos xogadores e xogadoras, as subvencións das administracións públicas e as achegas de entidades privadas colaboradoras.
A NOSA DIRECTIVA:
PRESIDENTE
Rubén Alfonso Otero
SECRETARIO
Fernando Farinas Rey
TESOUREIRA
Fabiana Costas Vila
COORDINADOR DEPORTIVO
Gabriel Rodriguez Abalde
VOGAIS
Jose Carlos Garcia López Álvarez
Juan Carlos Barros Correa
Jose Ricardo Estevez da Concepción
Marta Suarez Lago
Sonia Castro Dominguez
Alfonso Vila Estevez
Daniel Costas Román
Copyright © Todos los derechos reservados